Bush, Wilhelm

Max e Moritz : historia de dous pillos en sete trasnadas / Wilhelm Busch ; traducción, Luciano Fernández de Sanmamed Sampedro - EN GALEGO - Ourense :Linteo ,2001 - 59 p. :il. ;30cm - Colección aberta .

Gracia e humor, sátira e crítica social, dous niveis de lectura. O resultado é "Max e Moritz. Historia de dous pillos en sete trasnadas" (1865): unha obra para nenos, pero tamén para maiores. Un dos grandes clásicos da literatura alemana do século XIX, xunto co controvertido "Pedro Guedellas (Der Struwwelpeter)" (Linteo, 2001, edición facsímil) de H. Hoffmann, e traducido agora por primeira vez ó galego. A comicidade das trasnadas de Max e Moritz, os protagonistas simpáticos desta historia, e as xeniais ilustracións que acompañan ó texto seguen, a pesar do tempo, a entreter e a gustar a públicos de tódalas idades ó tempo que amosan a maestría de Wilhelm Busch (1832-1908) como debuxante e narrador de historias cómicas. Se ben o trasfondo físico, social e cultural responden ós da sociedade rural do norte de Alemania do século XIX, lugares como o muíño, a adega, o forno, o rego, o curral... non resultan alleos á cultura galega. Oxalá que Max e Moritz sigan deleitando os nenos e adultos, destas latitudes e outras, e continuen, incansables, a dárno-la rocha, ata mesmo exclamarmos: ¡¡¡Gloria a Deus nas alturas, remataron as diabruras!!!

3º-4º Primaria

8493189359


Nenos--Contos
Contos humorísticos
Poesía infantil

82P-G

Coa tecnoloxía Koha