Castro, Rosalía de
Adiós ríos, adiós fontes / Rosalía de Castro - 1ª ed. - A Coruña : Baía Edicións , 2019 - 34 p. : il. col. ; 21cm
nova edición
Nova edición do recoñecido poema de Rosalía de Castro “Adiós ríos, adiós fontes” (Cantares Gallegos), na adaptación lingüística realizada por Ricardo Carvalho Calero, e ilustrado por Rodrigo Chao Blanco en dúas versións (branco e negro e a toda cor), coas que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación das lectoras e lectores máis pequenos, e presentado nun libro no que os trazos da dureza da temática do poema son atenuados coas divertidas imaxes dun protagonista que se converte no especial recitador da denuncia rosaliana.
Que quería dicir Rosalía no seu famoso poema? Como cres que o imaxina unha nena ou neno deste século? Pensas que a denuncia de Rosalía de Castro é vixente hoxe en día en Galicia? Algunha persoa da túa familia vive ou viviu unha experiencia similar? Este poema, sen dúbida, pode servirche para comprender mellor a situación das túas amigas e dos teus amigos que veñen vivir connosco de países afastados.
4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria 3º-4º Primaria 5º-6º Primaria
9788499953236
poesía infantil
82-P