O herbario de Rosalía : Nasín cando as prantas nasen / María López-Sandez
por Fraga Vila, MariÌa Isabel; Fraga Vila, Miguel; LoÌpez SaÌndez, MariÌa; López Sández, María [autor/a]
.
Tipo: 
Este rexistro ten moitos ítems físicos (56). Faga clic aquí para velos todos.
HERBARIO BASEADO NA OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro converteuse nunha das grandes cantoras da nosa paisaxe. A súa obra mestura, de xeito maxistral, tres ingredientes (as xentes, a natureza e o idioma), combinados a través dun tratamento que, sen renunciar á orixinalidade, entronca cos profundos cambios culturais que no século XIX reconfiguraron a relación do ser humano co medio. Os seus versos, en perpetuo diálogo cos elementos máis humildes, renden tributo á rosa e elevan o carballo ao papel de símbolo sagrado. Os toxos, as silveiras, as flores ventureiras, as herbas do camposanto e os valados e hortalizas como a verza e cereais coma o trigo son protagonistas do seu proceso de creación. A evanescencia da rosa, a permanencia da árbore, o existencial, o amoroso e o colectivo fúndense na paisaxe que transita nas súas páxinas e que hoxe, desde os eidos floridos que ela cantou, evoca en nós ecos dos seus versos
3º-4º ESO
1º-2º BAC